O sábado 5 de novembro ás 11.00 da mañá quedaremos naPonte dos Padriños en Pontearnelas para realizar, (se a enchenta nolo permite) a inspección de outono do Proxecto Ríos nun tramo do Umia.
A actividade é unha forma de participar no Proxecto Ríos, que dende o 2004 está
promovendo a asociación ecoloxista ADEGA. Este proxecto baséase na realización de
inspeccións dos ríos galegos por parte de voluntarios, como mínimo dúas veces ao ano e
usando metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polos organizadores. Os
resultados reflíctense nunhas Follas de Inspección que serán remitidas á sede do
Proxecto, onde serán utilizadas para elaborar os informes anuais que estarán
dispoñibles en http://www.proxectorios.org

Avaliaranse de forma pormenorizada as características fluviais, atendendo a
parámetros como:
◦ Descrición física do bosque de ribeira.
◦ Velocidade da auga, caudal, tamaño da canle, etc…
◦ Análise de augas: Osíxeno disolto, nitratos, pH, temperatura, turbidez…
◦ Fauna e flora. Presenza de macroinvertebrados bioindicadores.
◦ Construcións, sumidoiros, etc.
