Publicado por: garza18 | 16/05/2011

Inspección de primavera do Proxecto Ríos

Este sábado 21 de maio quedamos ás 10:30 da mañá na Ponte dos Padriños en Pontearnelas, para realizar a inspección de primavera do Umia dentro do Proxecto Ríos.

Dende o ano 2007 colaboramos neste proxecto que coordina Adega, realizando dúas inspeccións anuais, en outono e en primavera no río Umia.

Durante unhas 3 horas analizaremos parámetros físico-químicos (pH, temperatura, O2 disolto, nitratos, caudal, velocidade…) Ademáis recolleremos mostras para identificar a presencia ou ausencia de organismos bioindicadores do estado da auga (macroinvertebrados como os da foto). Tamén faremos un percorrido polas beiras para analizar impactos negativos, como presenza de lixo, verteduras, desbroces incontrolados, recheos, muros… e o estado do bosque de ribeira.

Coma sempre, a actividade é aberta a todo o mundo.

Anímate a participar e a invitar a quen queiras!!

E se queres participar na recollida de mostras, lembra traer botas de auga!

About these ads

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.

Únete aos outros 465 segidores

%d bloggers like this: